O Centro
A orixe do centro San Martín remóntase ó ano 1981. Fundado por
Dª. Obdulia Vidal Fernández e
D. Francisco Bordas Fernández, emprazado na cidade de Ourense na Praza Santa Eufemia, 1, antigo Coronel Ceano. Actualmente o Centro está situado nas novas instalacións inauguradas o día 19 de Abril de 2013 na Avenida de Marín, 23-25.
Dende os seus comezos o centro sempre se dedicou, ás ensinanzas que se imparten no mesmo, á
Formación Profesional, en particular, as ramas
Sanitaria e
Administrativa, e moi recentemente á nova especialidade de
Atención a persoas en situación de dependencia.
Sempre foi un centro concertado nos estudios diúrnos. En todos estes anos o equipo docente rexeuse e segue rexéndose polas reformas educativas e as perspectivas pedagóxicas e tecnolóxicas máis actuais.
Destacado
Desde 1981
7 aulas
13 profesores
Concertado
Actualmente, é un centro de ensinanza en
réxime diúrno concertado e de ensinanzas en
réxime nocturno, e a súa titularidade está en mans de antigos profesores asociados en cooperativa mantendo o nome orixinal de ESTUDIOS SAN MARTIN COOPERATIVA.