• Formación Profesional: Grao Medio.
  • Duración: 2000 horas.
  • Réximen: Diurno.
  • Cursos: 2

Requisitos de acceso

  • Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou dun nivel académico superior.
  • Estar en posesión dun Título Profesional Básico (Formación Profesional Básica).
  • Estar en posesión dun título de Técnico ou de Técnico Auxiliar ou equivalente a efectos académicos.
  • Superar o segundo curso do Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP).
  • Superar a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
  • Superar a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio (requirirase ter, polo menos, dezasete anos, cumpridos no ano de realización da proba).

Que vou aprender e facer?

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención ao cliente/usuario, tanto en empresas públicas como privadas, aplicando a normativa vixente e protocolos de calidade, asegurando a satisfacción do cliente e actuando segundo normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

De forma que ao acabar os estudos será capaz de:
  • Tramitar documentos ou comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
  • Elaborar documentos e comunicacións a partir de ordes recibidas ou información obtida.
  • Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
  • Rexistrar contablemente a documentación soporte correspondente á operativa da empresa en condicións de seguridade e calidade.
  • Realizar xestións administrativas de tesourería, seguindo as normas e protocolos establecidos pola xerencia co fin de manter a liquidez da organización.
  • Efectuar as xestións administrativas das áreas de selección e formación dos recursos humanos da empresa, axustándose á normativa vixente e á política empresarial, baixo a supervisión do responsable superior do departamento.
  • Prestar apoio administrativo na área de xestión laboral da empresa axustándose á normativa vixente e baixo a supervisión do responsable superior do departamento.
  • Realizar as xestións administrativas da actividade comercial rexistrando a documentación soporte correspondente a determinadas obrigacións fiscais derivadas.
  • Desempeñar as actividades de atención ao cliente/usuario no ámbito administrativo e comercial asegurando os niveis de calidade establecidos e relacionados coa imaxe da empresa /institución.

Plan de formación

  • Comunicación empresarial e atención ao cliente.
  • Operacións administrativas de compra-venda.
  • Empresa e administración.
  • Tratamento informático da información.
  • Técnica contable.
  • Operacións administrativas de recursos humanos.
  • Tratamento da documentación contable.
  • Inglés.
  • Empresa na aula.
  • Operacións auxiliares de xestión de tesourería.
  • Formación e orientación laboral.
  • Formación en centros de traballo.

Ao finalizar os estudos poderei traballar en empresas, tanto públicas como privadas, como:

  • Auxiliar administrativo.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo de cobros e pagos.
  • Administrativo comercial.
  • Auxiliar administrativo de xestión de persoal.
  • Auxiliar administrativo das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado de atención ao cliente.
  • Empregado de tesourería.
  • Empregado de medios de pago.

CURSOS

Primeiro curso

Código Módulos profesionais Horas
MP0156 Inglés 160
MP0438 Operacións Administrativas da Compravenda 133
MP0440 Tratamento Informático da Información 267
MP0441 Técnica Contable 133
MP0448 Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría 160
MP0449 Formación e Orientación Laboral 107

SEGUNDO CURSO

Código Módulos profesionais Horas
MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela 123
MP0439 Empresa e administración 123
MP0442 Operacións Administrativas de recursos humanos 123
MP0443 Tratamento da documentación contable 105
MP0446 Empresa na aula 156
MP0451 FCT (Formación en Centros de Traballo) 410
Información

Contactar

Teléfonos: + 34 988 221 990 / +34 619 405 979
Email: contacto@estudiossanmartin.es
Localización

Dirección

Avenida de Marín 23 - 32001 Ourense (Galicia)
Ver mapa de localización

AVISO LEGAL  -  PROTECCION DE DATOS  -  POLÍTICA DE COOKIES - REXEITAR COOKIES

© 2019 Estudios San Martín Cooperativa, S.C.G. - Todos os dereitos reservados  -  Privado  //  Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Ir arriba
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
ConfigurarRexeitar Aceptar